Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Introdución á historiografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Preguntas breves sobre diferentes aspectos tratados nas sesións maxitrais ou nos seminarios. 20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba teórica sobre os conceptos básicos da materia. 40%
Traballos e proxectos Elaboración e presentación dun traballo bibliográfico. 30%
Outras Asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial, os que non realicen todas as actividades e traballos prácticos ou non acaden nestes a cualificación de aprobado, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico, o cal será asignado polo profesor responsable con anterioridade ao remate e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo o 30%.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000