Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Introdución á historiografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades orientadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.
Titoría en grupo Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en grupo.
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Prácticas en aulas de informática Actividades prácticas orientadas á busca de información na rede
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000