Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Teranse en conta os coñecementos operativos adquiridos nas sesións prácticas da aula, así como a capacidade de interpretación e representación gráfica da información.

Con iso, o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:

- Coñecemento e capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e *multi-disciplinar.
- Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
10 A1
A3
A5
B3
C6
C7
D1
D4
D5
D11
Traballo tutelado O alumnado realizará o traballo en grupo. Un traballo que se basará na recollida de documentación, traballo de campo, tratamento de datos y comentario dos mesmos (inclúe avaliación do uso autónomo das TICs).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
-Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo.
-A comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socio económicas.
30 A1
A3
A5
B3
C3
C6
C7
C8
D1
D4
D5
D9
D11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará un comentario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Humana. As cuestións plantexadas requiren una resposta estruturada e reflexiva.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
-Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía;
-Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
-Comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socio-económicas.
50 A1
A3
B1
C2
C4
D1
D4
D7
D15
Outras Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula, no campo e na plataforma de teledocencia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
-Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a travé dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
10 A1
A3
A5
B3
C3
C6
C7
C8
D1
D4
D5
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través do TIC será feito a través das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas e exercicios en liña, etc…). 

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Os mesmo requirimentos que rexen para as convocatorias ordinarias farano para a de xullo e outras convocatorias

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000