Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación, por parte do profesor, dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas
Traballos de aula Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula en consonancia e en función das clases teóricas: análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices e taxas, comentario de audiovisuais e manexo do TIC
Traballo tutelado Estas actividades están encamiñadas a potenciar o traballo en grupo. O estudante, en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Obradoiro Como metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os asistentes ao seminario
Eventos docentes y/o divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Titoría en grupo Sesións que manteñe o alumnado co profesorado para o asesoramento do proceso de ensino-aprendizaxe e da súa avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000