Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Explicación, por parte do profesor, dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas
Traballos de aula Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula en consonancia e en función das clases teóricas: análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices e taxas, comentario de audiovisuais e manexo do TIC
Traballos tutelados Estas actividades están encamiñadas a potenciar o traballo autónomo e en grupo de alumno mediante casos prácticos de aplicación dos contidos da materia: manexo de fontes, tratamento de datos, realización de informes, etc.
Seminarios Como metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os asistentes ao seminario
Titoría en grupo Dedicarase fundamentalmente a orientar ao alumno na realización do seu traballo autónomo ou en grupo. Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e organización das diferentes actividades prácticas, seminarios, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000