Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Estas actividades estarán encamiñadas á explicación e resolución de exercicios prácticos na aula en consonancia e en función das clases teóricas. Análise e interpretación de materiais gráficos diversos, cadros estatísticos, cálculo de índices, comentario de audiovisuais e manexo do TIC
Titoría en grupo Dedicarase fundamentalmente a orientar ao alumnado na realización do seu traballo autónomo. Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e organización das diferentes actividades prácticas, seminarios, etc.
Seminarios Como técnica de metodoloxía activa, realizaranse exposicións de traballos bibliográficos elaborados polos alumnos co obxectivo de profundar nas cuestións fundamentais dos temas da materia. Estas sesións darán lugar á participación, discusión e conclusións ás que teñen que chegar os compoñentes do seminario
Outros Asistencia aos ciclos de conferencias de temática transversal organizados polo Departamento e pola Facultade
Eventos docentes e/ou divulgativos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía e pola Facultade de Historia desta universidade
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000