Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia de América precolombina e colonial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase mediante probas de resposta curta.
O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos procesos históricos americanos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
40 A3
B2
C14
C16
D2
D7
D11
D16
Traballo tutelado As sesións de traballo tutelado avaliaranse mediante a realización dun traballo a desenrolar sobre algún tema do programa.
O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica.
30 A4
B2
C13
D1
D2
D3
D4
D7
D9
Traballos de aula Comentarios de texto e material gráfico que será suministrado polo profesor.
O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
20 A3
D2
D7
D16
Outras Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia. O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento da Historia América nunha perspectiva comparada
10 A5
B2
C12
C13
C22
D1
D7
D8
D11
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000