Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia de América precolombina e colonial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase mediante probas de resposta curta. 40
Traballos tutelados As sesións de traballo tutelado avaliaranse mediante a realización dun traballo a desenrolar sobre algún tema do programa. 30
Traballos de aula Comentarios de texto e material gráfico que será suministrado polo profesor. 20
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación da materia valorarase a participación activa do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial o remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña etc...).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no trancurso da avaliación contínua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000