Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia de América precolombina e colonial
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais
C12 Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
C13 Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais
C14 Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado
C16 Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade
C22 Coñecemento da historia universal
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Aplicación dos coñecementos
D3 Capacidade de organización e planificación
D4 Comunicación oral e escrita no idioma propio
D7 Capacidade de razoamento crítico
D8 Compromiso ético e responsabilidade social
D9 Traballo en equipo en diversos contextos
D10 Atención á diversidade e multiculturalidade.
D11 Capacidade de aprendizaxe autónoma
D16 Coñecemento doutras culturas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000