Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Idioma moderno: Inglés para humanidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Traballo no que o alumno debe resolver unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Nel o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A resolución pode ser presencial e non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, o chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc. 10
Outros Asistencia ´continuada e participación activa nas sesións teóricas, titorías e outras actividades. 10
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial o remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña etc...). O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no trancurso da avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles. Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita que suporá o 70% da nota final e un traballo práctico (que representa o 30% restante).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000