Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Linguaxes e técnicas artísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán avaliados en función do interese, bibliografía e metodoloxía empregada, así como dos recursos empregados na súa exposición.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Aprendizaxe e lectura crítica e integral da obra de arte, tendo en conta a complexidade das súas diferentes interpretacións e significados.
Manexo das fontes iconográficas e a súa aplicación para a interpretación e correcta lectura da obra de arte.
Capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos artísticos básicos.
20 A3
A4
B2
C28
C29
C33
C34
D1
D2
D4
D7
D16
Sesión maxistral A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta curta.
Para superar esta proba é necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre os 10 do total).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico.
Coñecemento e compresión dos diferentes materiais, técnicas e procedementos artísticos e dos valores formais e expresivos.
Adquisición e dominio da terminoloxía artística específica.
60 A4
B2
B6
C27
C28
C29
C33
D1
D4
D10
D14
D16
Seminarios A avaliación das prácticas a través dos seminarios serán avaliadas mediante a entrega dos exercicios realizados nas diferentes sesións de traballo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos fundamentos artísticos da cultura clásica de base humanística.
Comprensión das principais creacións, solucións e elementos do mundo clásico.
10 A3
A4
B6
C28
C29
D1
D2
D7
D14
Outras Valoración do traballo autónomo do alumno a través de probas de autoevaluación a través de Moodle.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e os datos artísticos básicos nun contexto tanto disciplinar como multidisciplinar
10 A4
C27
C28
C29
C33
D1
D7
D8
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollen á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe de nota. O seguimento individualizado da participación dos alumnos a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatíticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de dedicación a materia, asistindo ás titorías ou mediante medios informáticos (mail, Faitic, e-meeting), que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas surxidas no transcurso da avaliación. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os
exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de
Vigo). Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación
contínua, deberán comunicarlo ao profesor no inicio do curso,
debidamente xustificado. Serán avaliados dos contidos do programa da
materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e
un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000