Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Linguaxes e técnicas artísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán avaliados en función do interese, bibliografía e metodoloxía empregada, así como dos recursos empregados na súa exposición 30
Sesión maxistral A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta curta.

Para superar esta proba é necesario obter un mínimo de 1.5 puntos (sobre os 3 do total)
30
Seminarios A avaliación das prácticas a través dos seminarios serán avaliadas mediante a entrega dos exercicios realizados nas diferentes sesións de traballo 30
Outras En todas as actividades e probas que forman parte da programación da materia valorarase a participación do estudante 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación contínua, deberán comunicarlo ao profesor no inicio do curso, debidamente xustificado. Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. 

Os estudantes que se acollen á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe de nota. O seguimento individualizado da participación dos alumnos a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatíticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas surxidas no transcurso da avaliación. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000