Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará un comentario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Física. As cuestións plantexadas requiren una resposta estructurada e reflexiva.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía; Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
60 A1
B1
C1
C3
D1
D4
D7
D15
Traballos e proxectos O alumnado elaborará un dossier do traballo práctico (inclúe avaliación do uso das TICs).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
30 B3
C6
C8
D3
D4
D7
D11
D15
Outras Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a travé dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante una proba escrita que suporá o 70% da nota final e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000