Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Na avaliación do traballo de Fin de Grao o alumnado deberá demostrar ter adquirido as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia que sexan conformes coa natureza e as características do mesmo. O tribunal cualificará de 0 a 10 cada un dos seguintes apartados do TFG: aspectos formais e adecuación aos requisitos mínimos fixados; obxectivos e competencias; metodoloxía apropiada; relevancia e resultados; exposición e defensa. A nota final será a media da nota obtida nestes cinco apartados.
80
Presentacións/exposicións Exposición e defensa do Traballlo de Fin de Grao 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A matrícula do TFG dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico. No suposto de que o tribunal cualifique con suspenso un TFG deberá redactar un informe coas recomendacións oportunas para mellorar a calidade do traballo. Este informe será entregado ao/á estudante e á persoa ou persoas responsables da titorización.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000