Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mentalidade, identidade e cambio social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna
10 B5
Traballos tutelados Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito
individual ou ben en grupo, que deberán ser presentados e debatidos na aula. A presentación terá que facerse na data sinalada. valorarase ao marco teorico, a estructura e articulación do traballo a reflexión crítica e a madurez do estilo ensaístico do alumno e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
25 C18
D3
D5
D9
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto
15 C17
Sesión maxistral Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva.

Avaliación do proceso de construción dalgúns elementos esenciais da evolución humana.
Análise dos comportamentos humanos e as estratexias de distintas institucións e organizacións sociais, políticas e relixiosas ao longo da Historia.
40 B2
D16
Outras Asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan
á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica
sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica
propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e
entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000