Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mentalidade, identidade e cambio social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito
individual ou ben en grupo, que deberán ser presentados e debatidos na aula. A presentación terá que facerse na data sinalada. valorarase ao marco teorico, a estructura e articulación do traballo a reflexión crítica e a madurez do estilo ensaístico do alumno e a presentación formal do mesmo.
50
Sesión maxistral Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a
capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva.
40
Outras Asistencia e participación activa nas sesión teóricas e prácticas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan
á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica
sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica
propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e
entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000