Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva. Incluirá probas de contido teórico e práctico.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia dende una perspectiva sincrónica e diacrónica.
40 B1
C19
D1
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, contidos, estructura, presentación e capacidade de síntese e análise crítica.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais e colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
25 B3
C13
D4
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dun dossier cos exercicios prácticos e actividades dirixidas realizadas na aula ou no arquivo conforme os criterios establecidos.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos e uso de fontes e das interpretacións historiográficas.
15 C17
C23
D5
Seminarios Presentación, análise e crítica dos materiais traballados nos seminarios. Valorarase a capacidade de traballo, razocinio, fomento e participación no debate.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 C12
D5
Outras Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións teóricas e actividades programadas para a materia.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000