Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva.
40
Traballos tutelados
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, contidos, estructura, presentación e capacidade de síntese e análise crítica.
30
Traballos de aula
<br>Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dun dossier cos exercicios prácticos e actividades dirixidas realizadas na aula ou no arquivo conforme os criterios establecidos pola docente.
20
Outras Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións teóricas e actividades dirixidas programadas para a materia. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000