Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia do poder e das institucións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Entrega, nas datas sinaladas, dun dossier-informe final cos exercicios prácticos, traballos e actividades dirixidas desenvoltas tanto na aula como fora dela, seguindo os criterios establecidos previamente polo docente.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacidade de xestión da información e o coñecemento
20 B2
C12
C14
D5
Traballos tutelados Presentación e entrega, en data sinalada, dos traballos realizados polo alumno, que deberán ser expostos e debatidos na aula. Valorarase o marco teórico, a estructura, articulación e presentación formal do traballo, a claridade expositiva, a capacidade de síntese e madurez do estilo ensaístico do alumno.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
30 B2
C12
D5
D7
D10
Sesión maxistral Realización dunha proba na que se abordarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación cos contidos. Para superar a materia será preciso acadar nesta proba unha cualificación de 5 puntos.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado. Capacidade de razonamento crítico.
40 B2
C14
D5
D7
Outras Asistencia e participación activa nas sesións teóricas, titorías e outras actividades.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Atención á diversidade e multiculturalidade. Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais.
10 B2
B5
C12
C13
C14
C18
D5
D7
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos/as os/as estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000