Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia do poder e das institucións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión orientada a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e recopilar información sobre
as súas competencias, motivación e interés pola mesma.
Traballos de aula Elaboración de traballos relacionados cos contidos do temario e sesións maxistrales, entre os que
se incluien a realización de algúns exercicios prácticos (con alguhas sesión nun arquivo histórico ou
biblioteca universitaria) e resolución de problemas.
Traballos tutelados Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito
individual ou ben en grupo, orientados a profundizar ou completar parte do temario, que deberán
ser presentados e debatidos na aula.
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais, orientado a afondar nunha parte dos contidos
ou aspectos concretos do temario, debido a sua especial dificultade, relevancia, interese práctico
ou oportunidade.
Titoría en grupo Sesións encamiñadas a orientar, facer un seguimento e aclarar dudas ao alumnado sobre os
contidos da materia, preparación e realización das diversas actividades así como das probas de
avaliación.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumnado do traballo tutelado.
Eventos docentes e/ou divulgativos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o
Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia ou dunha parte dos mesmos por parte do profesor e
presentación das liñas básicas para o desenvolvemento das actividades relacionadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000