Guia docente 2015_16
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia 40 B1
C19
D1
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral 5 B1
C19
D1
D7
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas
25 C18
C23
D3
D7
D12
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto
20 C17
D4
D5
D9
Outras Asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000