Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades para detectar coñecementos previos, intereses e motivacións do alumnado. Presentación dos obxectivos, contidos, metodoloxía e desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun
traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, faladoiros, exposicións, mesas redondas,
debates... realizados por relatores de prestixio, que permiten
profundar ou complementar os contidos da materia.
Estudo de casos/análises de situacións Analise das condicións e da dinámica dunha situación ou problemática relativa os contidos da materia.
Traballos tutelados Realización dunha investigación sobre a temática da materia, elaborando un documento que reflicte as hipoteses, procedementos e resultados (posterior presentación e defensa).
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Prácticas autónomas a través de TIC Aplicación dos coñecementos e adquisición de habilidades a través das TICs, relacionadas coa elaboración do traballo tutelado.
Titoría en grupo Entrevistas do grupo co profesorado da materia
para asesoramento/desenvolvemento de actividades da
materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000