Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun
traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico,
que permiten afondar ou complementar os contidos da
materia. Pódense empregar como complemento das clases
teóricas.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un
documento sobre a temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de
lecturas, conferencias, etc.
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, faladoiros, exposicións, mesas redondas,
debates... realizados por relatores de prestixio, que permiten
profundar ou complementar os contidos da materia.
Titoría en grupo Entrevistas do grupo co profesorado da materia
para asesoramento/desenvolvemento de actividades da
materia e do proceso de aprendizaxe.
Estudo de casos/análises de situacións Análises dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de
coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar
datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e
adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000