Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral As sesións maxistrais que desenrolan o temario do programa serán avaliadas mediante dúas probas:
Unha de resposta curta a mediados do cuadrimestre e outra de resposta longa ao final do curso
40
Traballos tutelados Nos traballos e proxectos preparados polos alumnos avaliaranse: o guión do traballo, estructura e contidos, fontes e bibliografía, a interpretación histórica, así como a exposición oral ante a profesora e o resto do alumnado 50
Outras A entrega puntual dos traballos, así como a asistencia e participación activa dos alumnos nas clases e seminarios 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os
exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade
presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán
preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán
realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico
relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable
con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data
do exame final. 

Exame final: 

Desenvolvemento dun tema  ou pregunta amplia: 40%

Un comentario de texto: 30% 

Traballo
práctico: 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000