Traballos tutelados |
Nos traballos e proxectos preparados polos alumnos avaliaranse: o guión do traballo, estructura e contidos, fontes e bibliografía, a interpretación histórica, así como a exposición oral ante a profesora e o resto do alumnado |
50 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os
exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade
presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán
preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán
realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico
relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable
con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data
do exame final. Este último suporá o 70% da nota final (Desenvolvemento dun tema ou pregunta amplia: 40%, e un comentario de texto: 30%) e o traballo
práctico o 30%. |