Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade encamiñada a tomar contacto cos alumnos e presentarlles o programa docente da asignatura
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos dalgúns temas do programa, planteando as directrices teóricas e metodolóxicas.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico que permiten profundizar e complementar os contidos da materia.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía de xeito que computan nas actividades dirixidas.
Traballos tutelados Os alumnos preparan de forma individual o en pequenos grupos un traballo o proxecto que require: búsqueda e recollida de información, lectura de libros e artigos, elaboración do guión, selección de fontes, resolución de problemas e interpretación histórica.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumnado dun traballo monográfico elaborado de forma individual o en pequenos grupos.
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividade encamiñada a saber aplicar o coñecemento a realidade do entorno mediante a visita de monumentos, exposicións, museos, etc., e a lectura histórica da paisaxe
Titoría en grupo Sesión encamiñada a asesorar aos alumnos nas actividades docentes, resolver dúbidas e problemas relacionados co proceso de aprendizaxe
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000