Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Saídas de estudo/prácticas de campo Saídas de estudo fora do ámbito académico para un contacto directo coa obra de arte: visita a exposicións permanentes e temporais, coleccións e fondos museísticos, monumentos e conxuntos histórico-artísticos.
Titoría en grupo Apoio á formación do alumnado, resolvendo as dúbidas en relación ca materia e orientación do seu estudio.
Traballos tutelados Traballos dirixidos á profundización na materia e ao fortalecemento das capacidades analíticas e expositivas do alumno/a. Consisten na elaboración dun traballo, de carácter individual ou grupal. Valoración do uso da bibliografía e fontes adecuadas, a presentación, claridade e orixinalidade expositiva, así como a metodoloxía empregada.
Actividades introdutorias Toma de contacto cos alumnos para a explicación do programa da materia, actividades a realizar e sistemas de avaliación
Eventos docentes e/ou divulgativos Saídas programadas para asistir a actividades docentes e divulgativas organizadas por museos ou outras institucións culturais.
Reservaranse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía de xeito que computan nas actividades dirixidas.
Sesión maxistral Clases teóricas nas que o profesor/a explica os contidos teóricos da materia coa axuda de proxeccións de imaxes, power point, documentos e outros recursos docentes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000