Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Analises e comentarios críticos das fontes que nos proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula. 10
Presentacións/exposicións Un traballo individual sobre un aspecto da sociedades, relixión ou economía da Gallaecia romana. A exposición terá 20 minutos de duración máxima.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración.
Importante a expresión oral, os medios e a capacidade de sintese.
15
Traballos tutelados Un traballo individual sobre un aspecto da sociedades, relixión ou economía da Gallaecia romana. A exposición terá 20 minutos de duración máxima.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración.
25
Probas de resposta curta Versarán sobre contidos teóricos moi específicos; terase en conta a interpretación correcta da información xeográfica dos sistemas territoriais 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento As probas referiranse as sesións maxistrais, e dicir, nos contidos teóricos explicados na aula.
Valorarase a capacidade de sintese, o espíritu crítico e de relación. Tamén a capacidade de expresarse por escrito na lingua propia e de transmitir os coñecementos adquiridos.
30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e a participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

<p>Todos/as estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo) que consistira nunha proba escrita con tres apartados: mapas mudos, preguntas curras e cuestións de desenvolvemento que suporá un 60% da cualificación. Un 20% estará constituido pola entrega das prácticas preestblecidas e un 20% dun traballo escrito sobre a sociedade, relixión ou economía da Gallaecia antiga.</p>

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000