Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Seguimento individualizado das actividades orientadas á resolución dos traballos realizados polo alumnado. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: TODO O ALUMNADO: Curso virtual na plataforma de Teledocencia (Moodle, FaiTic, UVigo) e correo electrónico. ALUMNADO PRESENCIAL: seguimento nas aulas.
Seminarios A atencion personalizada consistirá na resolución de dúbidas e revisión dos materiais das actividades relacionadas coa análise de textos clásicos. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: TODO O ALUMNADO: Curso virtual na plataforma de Teledocencia (Moodle, FaiTic, UVigo) e correo electrónico. ALUMNADO PRESENCIAL: seguimento nas aulas.
Titoría en grupo Aclaración de dúbidas sobre a materia, tanto dos aspectos teóricos como daqueles relacionados co seminario, traballos tutorizados individualmente ou en grupo. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: TODO O ALUMNADO: Curso virtual na plataforma de Teledocencia (Moodle, FaiTic, UVigo) e correo electrónico. ALUMNADO PRESENCIAL: seguimento nas aulas. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: aula e-meeting (enlace FaiTic).
Presentacións/exposicións Previo á presentación, se se precisa, poderase asesorar sobre a maneira máis adecuada de levar a cabo a presentación. A atención realizarase a través dos seguintes recursos: TODO O ALUMNADO: Curso virtual na plataforma de Teledocencia (Moodle, FaiTic, UVigo) e correo electrónico. ALUMNADO PRESENCIAL: seguimento nas aulas. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: aula e-meeting (enlace FaiTic).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000