Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Exposición e debate sobre os coñecementos previos dos/as estudantes sobre o temario a expoñer e aclaración dos aspectos básicos da materia
Sesión maxistral Exposicións teóricas sobre o temario co apoio ilustrativo dos textos antigos e material gráfico e iconográfico
Seminarios Debates e análise das fontes de coñecemento da Historia Antiga en relación cons temas expostos nas sesións maxistrais.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Presentacións/exposicións A exposición do traballo individual terá 20 minutos de duración máxima.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración. Moi importante a capacidade de sintese, expresión oral e soportes empregados
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual, orientados ao manexo de instrumentos de recompilación de información e de distintas fontes coas que se elabora a historia antiga. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre.
Eventos docentes e/ou divulgativos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Titoría en grupo Aclaración de dúbidas sobre a materia, principalmente daquelas relacionadas cos traballos individuais e en grupo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000