Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Epigrafía e numismática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Análises e comentarios críticos dos materiais de estudo (epigráfico e numismático) que nos proporcionan coñecemento sobre a historia antiga e medieval. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula. 5
Presentacións/exposicións Presentarase un traballo individual relacionado coa revisión dun ou varios soportes epigráficos e numismáticos, ou sobre contidos específicos da materia. A exposición terá 20 minutos de duración máxima, en función do número de alumnos.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente que marcará as pautas durante a súa elaboración. Moi importante será a capacidade de síntese, expresión oral e soportes empregados.
15
Traballos tutelados Pedirase un traballo individual relacionado coa revisión dun ou varios soportes epigráficos e numismáticos, ou sobre contidos específicos da materia. A exposición terá unha duración máxima de 20 minutos. Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración. 25
Probas de resposta curta Versarán sobre contidos teóricos moi específicos; terase en conta a interpretación e aplicación correcta dos aspectos implícitos na epigrafía e na numismática 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento As probas referiranse ás sesións maxistrais, é dicir, ós contifos teóricos explicados na aula.
Valorarse a capacidade de síntese e o espíritu crítico e de reflexión. Tamén a capacidade de expresarse por escrito e de transmitir os coñecementos adquiridos.
30
Informes/memorias de prácticas Valorarase a capacidade de asimilación, reflexión e espíritu crítico das actividades realizadas nas prácticas da asignatura. 5
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación, valorarase a asistencia e a participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000