Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Diplomática e arquivística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A sesión maxistral avaliarase mediante a realización dunha proba de resposta curta ou tipo test na que o alumnado dará conta dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia. 40
Obradoiros Idem traballos tutelados 0
Traballos tutelados Os traballos tutelados e os obradoiros avaliaranse mediante a elaboración e exposición dun traballo no que se realizará a búsqueda, descrición, valoración e edición das fontes documentais de arquivo referidas a unha temática ou institución previamente seleccionados. 50
Outras En todas as actividades, probas e eventos que conforman a programación valorarase a asistencia e participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles estudantes que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 40% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 60% desta.

Os estudantes que realicen os exames finais deberán entregar, o día do exame oficial, un traballo no que se realizará a búsqueda, descrición, valoración e edición das
fontes documentais de arquivo referidas a unha temática ou institución
previamente seleccionados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000