Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Diplomática e arquivística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Sesión maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará ao alumnado co coñecemento dos sistemas de xestión de arquivos, a tipoloxía documental e os instrumentos e normas de búsqueda, descrición e conservación documental.
Obradoiros Prácticas de aula nas que se adquirirán as habilidades instrumentais necesarias para a catalogación de fontes documentais de arquivo.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias e debates sobre Historia, Historia da Arte e Xeografía nas que se analizará a utilización das fontes documentais para a elaboración de traballos nos ámbitos do Grao de Xeografía e Historia.
Traballos tutelados Actividades en grupo nas que se tutelará a elaboración e exposición dun traballo no que se realizará a búsqueda, descrición e valoración de fontes documentais de arquivo referido a unha temática ou institución previamente seleccionados.
Saídas de estudo/prácticas de campo Prácticas externas en arquivo nas que se realizará a selección de documentación medieval, moderna e contemporánea co fin de elaborar o traballo de curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000