Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia da integración europea
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
Elaboración de traballos básicos e de iniciación
5 C12
C21
D15
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
15 D3
D4
D11
D15
Sesión maxistral Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia da integración europea
60 B5
C14
C21
D1
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
10 D3
D4
D11
Outras Asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo bibliográfico ou práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000