Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mundo actual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en grupo.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos.
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Sesión maxistral Explicación dos contidos da materia polo profesor.
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais, por medio de relatorios ou conferencias, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000