Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Realización de dúas probas nas que se deberá respostar a preguntas de desenvolvemento, outras de resposta curta e un exercicio práctico 60
Seminarios Presentación e análise crítica de materiais relacionados cos contidos da materia, traballados previamente e debatidos na aula, valorándose o grao de participación dos/as alumnos/as en ditos debates 7.5
Traballos tutelados Presentación e entrega dos traballos que se requiran según os criterios fixados polo docente e nas datas que se indiquen 15
Traballos de aula Presentación e entrega dos traballos elaborados nas sesións prácticas según os criterios fixados polo docente 7.5
Outras Nivel de asistencia e participación activa dos/as alumnos/as nas sesións presenciais (sesións maxistrais, seminarios e prácticas) e entrega puntual dos traballos que se lles requiran 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000