Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións adicadas á presentación do programa da materia, e a tomar un primeiro contacto cos/as alumnos/as que permita coñecer o seu interese e motivacións cara a ela
Sesión maxistral Exposición detallada por parte do docente dos contidos teóricos da materia, salientando aquelas liñas básicas que haberán de permitir o desenvolvemento das actividades relacionadas co temario.
Seminarios Actividades encamiñadas ó traballo intensivo por parte dos/as alumnos/as sobre un tema ou conxunto de temas concretos do programa da materia, que implicará a lectura e manexo de bibliografía específica, respostar a preguntas guía formuladas polo docente e a participación nas sesións de debate que se levarán a cabo en relación con ditos temas
Traballos tutelados Elaboración de traballos por parte dos/as alumnos/as, ben de xeito individual, ben en grupo, que deberán ser presentados na aula
Traballos de aula Actividades que teñen como obxecto que os/as alumnos/as resolvan os exercicios prácticos relacionados cos contidos do temario
Eventos docentes e/ou divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía e pola Facultade de Historia desta universidade
Titoría en grupo Sesións nas que se fará seguimento dos progresos dos/as alumnos/as, atendendo ás dúbidas que se lles podan presesentar en relación cos contidos da materia e nos traballos e exercicios prácticos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000