Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Saídas de estudo/prácticas de campo Saída guiada pola cidade de Ourense. "Arquitectura popular, burguesa e aristocrática no Ourense contemporáneo".
Titoría en grupo Sesións dirixidas ao seguimento e orientación sobre o estudo dos contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en curso.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composición de textos históricos.
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito exclusivamente individual polo alumnado sobre temas monográficos en estreita relación coa disciplina e que serán obrigadamente expostos coa data da súa exposición na aula e os fará o alumno como técnica didáctica individual da impartición pedagóxica da Historia Contemporánea de España.
Deberán estar asignados inexcuxablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Sesión maxistral Explicación dos contidos máis relevantes da materia por parte do profesor.
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses.
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materias de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000