Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada: Territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análise de situacións O alumnado realizará un análise das condicións e dinámica dunha situación relacionada co ámbito teórico da materia, coa finalidade de razoar e interpretar os feitos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas; Razoamento crítico e argumentación adecuada –oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación.
40 B3
C5
C6
C9
D1
D2
D4
D5
D7
D16
Traballos e proxectos Presentación e defensa polo alumnado dos resultados obtidos (pequena investigación) sobre a temática da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio; Capacidade de interpretación dos paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco.
50 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Outras Asistencia e participación nas actividades e sesións planificadas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Razoamento crítico e argumentación adecuada –oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación; Habilidade en realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000