Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada: territorio e paisaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma.
Estudo de casos/análises de situacións Actividade dirixida: análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Actividades introdutorias Actividades dirixidas encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia.
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas
redondas, debates... realizados por poñentes
de prestixio, que permiten profundar ou
complementar os contidos da materia.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un
documento sobre a temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de
lecturas, etc.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000