Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada: Territorio e paisaxe
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica
B6 Aplicalas no contexto do futuro académico e/ou profesional; e crear as bases para futuros estudos de postgrao, especializados e/ou multi-disciplinares.
C5 Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais
C6 Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica
C7 Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais
C9 Capacidade de análise e interpretación das paisaxes
C11 Coñecemento e desenvolvemento de habilidades no ámbito da ordenación e planificación territorial
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Aplicación dos coñecementos
D4 Comunicación oral e escrita no idioma propio.
D5 Capacidade de xestión da información e o coñecemento
D7 Capacidade de razoamento crítico.
D14 Motivación pola calidade
D15 Sensibilidade cara temas ambientais.
D16 Coñecemento doutras culturas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000