Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Avaliación mediantes tres probas de resposta curta ao final do correspondente tema. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica. Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 40 C16
C19
Traballos e proxectos Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estructuración do traballo así como a súa capacidade de exposición. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individiuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
30 A2
A4
D9
D14
Probas de autoavaliación Avaliación continua do traballo autonomo do alumnado mediante a realización e presentación de tarefas propostas na plataforma moodle mediante a súa participación nas ditas tarefas. Con elo dará conta dos seguintes resultados da aprendizaxe: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas 10 C19
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Presencia e entrega dos materias e tarefas elaborados nas sesións prácticas. Con elo, o alumando dará conta dos seguintes resultados da aprendizaxe: Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada.Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. 20 B3
B5
C19
D8
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000