Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e a súa contorna.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historigráficas.
15 C13
C19
C23
D3
D4
D7
D11
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados que irán en consonancia ca teoría exposta nas clases maxistrais.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historigráficas.
10 C13
C16
C19
C23
D1
D3
D4
D7
Sesión maxistral O coñecemento adquirido sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais contarán de varias apartados: probas de resposta curta; probas de resposta longa e resolución de problemas (mapas, comentarios de texto, imaxes...).
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historigráfica.
60 C13
C16
C19
D4
D11
Seminarios Analises e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións historigráficas.
5 C23
D1
D3
D4
Outras Asistencia e participación nas sesións teóricas e prácticas.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Comparación da Historia de España con procesos históricos similares do resto do mundo con especial
incidencia na Historia de Europa.
10 C13
C23
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da
Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final. Esta proba consitirá en 6 preguntas curtas, un comentario de texto e a resolución dun mapa mudo. O estudante deberá entregar un traballo obrigatorio, sobre un tema que se determinará dacordo co responsable da materia sobre un aspecto da sociedade dos temas tratados, deberá entregalo no momento de realizar a proba escrita e representará un 30% da cualficación global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000