Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase, a maiores do marco teórico do traballo, a súa estrutura, a calidade da documentación empregada e a reflexión crítica sobre o uso dos contidos históricos na actualidade a través de diferentes soportes; así como a orixinalidade e rigor, a presentación formal do mesmo e a coherencia na súa exposición e defensa.
15
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados que irán en consonancia ca teoría exposta nas clases maxistrais. 15
Sesión maxistral O coñecemento adquirido sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais contarán de varias apartados: probas de resposta curta; probas de resposta longa e resolución de problemas (mapas, comentarios de texto, imaxes...). Nestas probas valoraráse a capacidade de síntese, o espíritu crítico, a capacidade de expresión escrita na lingua propia. 60
Outras Asistencia e participación nas sesións teóricas e prácticas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da
Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final. Esta proba consitirá en 6 preguntas curtas, un comentario de texto e a resolución dun mapa mudo. O estudante deberá entregar un traballo obrigatorio, sobre un tema que se determinará dacordo co responsable da materia sobre un aspecto da sociedade dos temas tratados, deberá entregalo no momento de realizar a proba escrita e representará un 30% da cualficación global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000