Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase, a maiores do marco teórico do traballo, a súa estrutura, a calidade da documentación empregada e a reflexión crítica sobre as fontes, a orixinalidade e rigor, a presentación formal do mesmo e a coherencia na súa exposición e defensa.
20
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados. 10
Probas de resposta curta Valoraranse o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, así como a capacidade de síntese e a coherencia na redacción. Ao longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas de resposta curta. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través dunha proba de avaliación sobre os tres grandes temas-bloque do programa. Esta proba incluirá tanto probas de contido teórico como comentarios de texto, mapas ou gráficas. 55
Outras Asistencia e participación nas sesións teóricas e prácticas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da<br />Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da&nbsp;materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000