Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado, orientados ao manexo de instrumentos de recompilación de información e de distintas fontes coas que se elabora a historia antiga. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre.
Titoría en grupo Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre aspectos da materia.
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, a tomar contacto co alumnado e a reunir información sobre os seus coñecementos previos sobre o temario, as súas motivacións e intereses.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a análise e comentario crítico das fontes propias da historia antiga, a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas e a análise e interpretación de materiais gráficos e audiovisuais.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000