Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte medieval
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de responta longa. Para superar a materia, é necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos.
60
Traballos tutelados
Os traballos tutelados serán avalaiados unha vez expostos na aula, e entregados mecanografiados en soporte papel
20
Seminarios Os materiais e exercicios prácticos realizados nos seminarios serán avaliados mediante a entrega dunha memoria de prácticas 10
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e participación do alumnado 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo), e examinarse de todo o programa da materia, que suporá un 70% da nota final. Asemade, terán que realizar, obrigatoriamente, un traballo práctico que implique o manexo da bibliografía e dalgunhas das fontes documentais ou literarias relativas á materia, que suporá un 30% da nota final. O tema do traballo deberá ser comunicado ao profesor responsable e entregado denantes da data do exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000