Prácticas autónomas a través de TIC |
Presentación e entrega, na data sinalada e conforme aos parámetros indicados, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. |
2.5 |
Traballos tutelados |
Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. |
15 |
Sesión maxistral |
Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación correspondentes, cadansúa, a cada un dos dous grandes temas-bloque do programa e que incluirán tanto probas de resposta curta como longa ou de desenvolvemento e comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos. |
60 |
Outras |
Asistencia e participación activa en sesións maxistrais, prácticas, seminarios, etc |
10 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%. |