Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación 7.5
Prácticas autónomas a través de TIC Presentación e entrega, na data sinalada e conforme aos parámetros indicados, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. 2.5
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados. 5
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. 15
Sesión maxistral Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación correspondentes, cadansúa, a cada un dos dous grandes temas-bloque do programa e que incluirán tanto probas de resposta curta como longa ou de desenvolvemento e comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos. 60
Outras Asistencia e participación activa en sesións maxistrais, prácticas, seminarios, etc 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo) nos que se examinarán de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada, o mesmo que aqueles alumnos/as que non realicen calquera das probas de avaliación continua, prácticas e/ou traballos obxecto de avaliación ou non acaden neles a cualificación mínima de aprobado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000