Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos nas sesións maxistrais.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades prácticas na aula de Informática orientadas a que o alumnado coñeza e sexa quen de manexar os recursos electrónicos dispoñibles para a elaboración de unidades temáticas e didácticas en Historia Contemporánea Universal.
Titoría en grupo Sesións dirixidas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en curso.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos.
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Sesión maxistral Explicación dos contidos da materia polo profesor
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000